Faite voluntari@

Coa túa axuda poderemos facer a súa vida mellor

Se queres ser voluntari@ de Abeiro ponte en contacto para dicirnos con que nos podes axudar.

Podes colaborar en diferentes áreas, por exemplo:

Desde casa:

  • Difundir aos animais en adopción en foros, redes sociais e outras webs.
  • Difundir á Asociación e os eventos que realice.
  • Buscar adoptantes por internet.
  • Imprimir carteis de animais en adopción ou perdidos e poñelos en veterinarios e outros establecementos.
  • Vender rifas, calendarios, etc.
  • Doar material que xa non utilices para os animais (penso, camas, colares, etc.).
  • Doar material que xa non utilices que vender no mercadillo solidario para recadar fondos.

Cos animais:

  • Capturar gatos de colonias, trasladalos á clínica veterinaria para esterilizar e devolvelos unha vez castrados.

En eventos:

  • Participar na organización e posta en marcha de eventos que se realicen.
  • Trasladar o material necesario para os eventos.

CONTACTA SE QUERES SER VOLUNTARI@

    Podes construír casetas para os gatos da rúa se se che dá ben a carpintería

    Se tes coche e un pouco de dispoñibilidade podes axudarnos a levar a clínicas veterinarias a animais que o necesiten

    Podes elaborar algunha cousa artesanal para que podamos vender

    Se tes un día libre, poderás botarnos unha man nalgún dos nosos eventos, mercadillos, recollidas de penso, etc.