Coa túa axuda poderemos facer a súa vida mellor
Se queres ser voluntari@ de Abeiro ponte en contacto para dicirnos con que nos podes axudar.
Podes colaborar en diferentes áreas, por exemplo:
Desde casa:
- Difundir aos animais en adopción en foros, redes sociais e outras webs.
- Difundir á Asociación e os eventos que realice.
- Buscar adoptantes por internet.
- Imprimir carteis de animais en adopción ou perdidos e poñelos en veterinarios e outros establecementos.
- Vender rifas, calendarios, etc.
- Doar material que xa non utilices para os animais (penso, camas, colares, etc.).
- Doar material que xa non utilices que vender no mercadillo solidario para recadar fondos.
Cos animais:
- Capturar gatos de colonias, trasladalos á clínica veterinaria para esterilizar e devolvelos unha vez castrados.
En eventos:
- Participar na organización e posta en marcha de eventos que se realicen.
- Trasladar o material necesario para os eventos.
CONTACTA SE QUERES SER VOLUNTARI@
Podes construír casetas para os gatos da rúa se se che dá ben a carpintería
Se tes coche e un pouco de dispoñibilidade podes axudarnos a levar a clínicas veterinarias a animais que o necesiten
Podes elaborar algunha cousa artesanal para que podamos vender
Se tes un día libre, poderás botarnos unha man nalgún dos nosos eventos, mercadillos, recollidas de penso, etc.