Descripción
Non podemos buscar fogar para todos os gatos que viven na rúa porque non hai sitio para todos, nin todos son aptos para vivir en interior, pero podemos mellorar a súa calidade e esperanza de vida levando a cabo o método CER (captura/esterilización/retorno).
Os gatos son capturados por voluntarias de forma indolora mediante unha gaiola trampa ou nun transportín (se se deixan manipular) e se levan ao veterinario para a súa castración, desparasitación e recoñecemento.
Unha vez realizado fáiselles un corte na punta da orella (dereita femia, esquerda macho) e retórnanse ao seu lugar de orixe.
Beneficios do método CER:
– Os machos deixan de pelexar e deambular (percorrendo grandes distancias) para atopar unha femia en celo.
– Elimínase a marcaxe do territorio con ouriños
– As femias deixan de emitir aullidos que poden chegar a ser moi molestos
– Detense a crianza e todo o que implica (sobre todo a tensión das nais en ofrecer seguridade e defensa aos seus cachorros).
– A poboación estabilízase. Interrómpese o ciclo reprodutivo e finalmente diminúe a poboación de gatos na rúa.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.