Abeiro

¿Que facemos en Abeiro?

Abeiro é unha asociación pola protección animal, con CIF G70032131, fundada en Outubro de 2005 en Santiago de Compostela.

Traballamos con casas de acollida, xa que non temos refuxio propio nin subvencións de ningún tipo.

Castramos e controlamos colonias de gatos e rescatamos cans e gatos da rúa ou de diferentes canceiras, buscándolles os mellores fogares posíbeis.

Todos os nosos animais entréganse vacinados, testados, desparasitados e esterilizados (ou con compromiso de esterilización se son moi novos) e, no caso de cans, microchipados.

Precisamos a túa axuda para poder continuar!