Adopta gatos positivos

Adopta gat@s positiv@s

Coñecido coas siglas VIF, o virus de inmunodeficiencia é un lentivirus que só ataca aos gatos.
O VIF ataca directamente o sistema inmunitario, destruíndo os linfocitos-T, o que trae como consecuencia que o animal sexa vulnerable a outras enfermidades ou infeccións menos importantes, pero que con esta condición poden levar á morte.
Detectado a tempo, a VIF felina é unha enfermidade que se pode controlar. Un gato infectado, que siga o tratamento adecuado, pode ter unha vida longa e digna.
Hai moitos gatos que dan positivo que necesitan e merecen un fogar! Desde Abeiro animámosvos a que isto non sexa un impedimento para que poidan atopar unha familia. Poden vivir con outros gatos xa que o virus non se transmite ao lamerse ou ao compartir auga e comida. Só se pode transmitir por contacto directo da saliva ou do sangue.
Anímate a adoptar a un gato positivo!

SE ESTÁS DISPONT@ A ADOPTAR UN GAT@ POSITIVO, ESCRÍBENOS: