AXÚDANOS A AXUDALOS
Adopta
Darlle fogar a un animal da rúa é tan satisfactorio que terás a sensación de que é él quen te axuda a ti.
Faite casa de acollida
As casas de acollida son vitais para que poidamos seguir adiante coa nosa labor. Se non podes adoptar quizáis poidas ser casa de acollida temporal.
Asóciate
Precisamos axuda económica para a esterilización de gatos da rúa, a alimentación e atención veterinaria dos nosos animais. A cuota é dende 30€ anuais.
Teaming
Axúdanos cun euro ao mes. Precisamos apoio económico para os gastos veterinarios das intervencións e post operatorio.
Voluntariado
Precisamos axuda para capturar gatos de colonias, transladalos á clínica veterinaria para esterilizar e devolvelos unha vez castrados, para axudar no noso mercadillo solidario e outras actividades.
Doazóns
Fai donativos puntuáis. Poden ser económicos ou materiais. Penso, xoguetes, rañadores, area. Cousas para vender no noso mercadiño solidario: productos artesanais ou feitos a man, obxectos de 2ª man en bó estado…
Difunde
Comparte nas redes sociais ós nosos animais en adopción, súbeos a foros ou outro tipo de páxinas onde creas que poden encontrar adoptante, convence ós teus achegados de que a mellor opción é adoptar un animal, nunca compralo.
Empresas colaboradoras
Se pertences a unha empresa ou organización que desexa colaborar con nos, non dubides en poñerte en contacto.
Tenda Solidaria
Coa compra dos nosos produtos solidarios axudarasnos a que podamos seguir axudando aos animais.
Coa túa axuda poderemos facer a súa vida mellor
Cada quen axuda no que pode
Se tod@s facemos o que podemos, conseguiremos facer un lugar mellor para todos os animais.
Podes construír casetas para os gatos da rúa se se che dá ben a carpintería
Se tes coche e un pouco de dispoñibilidade podes axudarnos a levar a clínicas veterinarias a animais que o necesiten
Se tes algo que xa non te utilices, podes doalo.
Poderemos vendelo ou que o utilicen os abeirenses.
Por menos do que custa un café, 1€ ao mes, poderás axudarnos desde a plataforma Teaming
Se tes un oco en casa, podes darlle un fogar temporal a un animal que o necesite
Podes elaborar algunha cousa artesanal para que podamos vender
Se tes un negocio podes poñer un peto para recaudar fondos para a nosa causa
Fala de nós sempre que poidas.
Comparte casos de animais que necesiten axuda, tenta concienciar sobre a adopción ou esterilización...