5 pasos a seguir se perdes o teu gato ou gata:

 

1. Busca na casa

Non perdas a calma, aínda que non sexa fácil. É máis habitual do que parece dar por perdido un gato que está escondido na propia casa (debaixo da cama ou nun armario, nalgún agocho que non vemos a primeira vista). Antes de perder os nervios e lanzarse a buscar fóra, revisa cada recuncho da casa, facendo ruído coa bolsa das súas golosinas ou comida favorita.

Só cando estamos na certeza de que non está na casa, empezaremos a buscar fóra.

2. Busca pola zona

Se está perdido fóra do seu territorio habitual, o gato estará asustado. E hai moitas posibilidades de que estea agochado. Está fóra da súa casa, do que coñece, e non sabe moi ben que facer nin como volver. Esconderase nalgún oco dalgún edificio, nalgún garaxe, ou nalgún parque ou zona de matogueira próxima.

Normalmente non miañará, inda que o chames, porque o seu instinto lle di que pode atraer perigos. Así que estará escondido e en silencio. Por iso, para buscalo, o mellor é:

3. Prepara un cartel coa foto e os datos do gato para difundir por redes e pegar pola zona.

Os carteis son moi importantes para atopar a un gato perdido. Para difundir polas redes e tamén para pegalos por toda a zona e que a xente saiba que se está buscando ese gato.

O cartel será sinxelo, cunha estrutura similar a esta:

Fai copias do cartel, mellor en cor que en branco e negro, para que sexa máis fácil recoñecer o gatiño. Unha vez preparados os carteis, hai que colocalos ben visibles en todos os sitios que sexa posible da zona e arredores: portais, farolas, contedores do lixo, mupis… e tamén os taboleiros de anuncios das clínicas veterinarias ou dos comercios da zona. Pensa en sitios por onde transite moita xente. Canta máis xente saiba que se está buscando o gato, mellor.

Ademais diso, envía o cartel a todas as protectoras que coñezas da zona, pedíndolles que difundan nas súas redes sociais, e fai o mesmo ti, difundindo a través das túas redes. Nalgunhas redes sociais, como Facebook, hai grupos específicos para anunciar animais perdidos. Busca algún da túa zona e envía tamén alí o aviso.

Tamén é importante que o cartel se envíe á policía e/ou Protección Civil, para que teñan a información por se alguén avisa, ou por se o ven. E mesmo se pode poñer o anuncio nos xornais locais.

Importante: se recuperas o teu gato, asegúrate de retirar todos os carteis e avisar a todas as persoas e entidades ás que enviaches o cartel, para que o retiren e deixe de difundirse e de buscarse.

4. Avisar ás protectoras e á policía ou servizo de recollida de animais

As protectoras, os refuxios ou centros de adopción de animais locais, as clínicas veterinarias da zona… é imporante que estean informadas e sobre aviso. Tamén se debe avisar á policía, pasándolles o cartel e á veciñanza da zona: o boca a boca pode axudar moito.

5. Segue buscando, non perdas a esperanza nin a paciencia.

Os primeiros días, o gato pode permanecer escondido porque está asustado, pero cando empece a ter fame acabará saíndo do agocho para buscar de comer, polo que será máis fácil que sexa visto ou atopado.

Non perdas a esperanza e segue buscando, normalmente quedan pola zona na que se perden e acaba adaptándose, por iso é importante tamén que teñas unhas rutinas de busca.